Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Traballo Social é unha parte esencial das estruturas do benestar das sociedades democráticas contemporáneas. A súa historia en canto profesión se remonta a finais do século XIX, pero a súa implantación académica nos estudos superiores é moito máis recente. No entanto, configúrase como unha disciplina emerxente, máis aínda co desenvolvemento do Espazo Europeo de Educación Superior. Por outra banda, é unha disciplina profesionalizante, referente esencial do sistema público de servizos sociais que se construíu desde o inicio do actual Estado social e democrático de dereito.

As persoas que se dedican ao Traballo Social no ámbito sanitario poden desempeñar as súas funcións nos tres niveis que conforman o Sistema Nacional de Saúde: a atención primaria nos Centros de Saúde, a atención especializada en Hospitais e centros especializados -con especial presenza nos recursos de saúde mental, atención ás adiccións e coidados paliativos- e na atención sociosanitaria.

Páxina web do título

Información de interese

  • Prazas: 8 prazas (no centro)
  • Tipo de ensino: virtual
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

Coordinación

Francisco Javier Aguiar Fernández
+34 988 387 118
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Matrícula

Área de Estudos de Máster
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.