O Grao en Educación Social forma profesionais capaces de deseñar, desenvolver e avaliar procesos socioeducativos de prevención e intervención que contribúan á inclusión social, á promoción da autonomía persoal e ao desenvolvemento integral das persoas, coa fin de mellorar a súa calidade de vida. Ademais, o alumnado adquirirá a formación necesaria para levar a cabo estes procesos desde unha perspectiva crítica, reflexiva e comprometida, fundamentada na ética de mínimos morais.
Os ámbitos de actuación da Educación Social abarcan, entre outros, a educación non formal, a formación de persoas adultas, a animación sociocultural e sociolaboral, a acción socioeducativa e a inclusión social. Esta actividade profesional desenvólvese en diversos contextos, como ONGs, asociacións, servizos sociais, centros socioeducativos, centros de menores, de maiores ou recursos residenciais.
Accesos directos
Coordinación
María Victoria Carrera Fernández
+34 988 387 139