Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Grao en Traballo Social capacitará a quen o curse para o exercicio profesional como traballadora ou traballador social. A profesión permite intervir en situacións de dificultade en diferentes ámbitos sociais con persoas, grupos e coa comunidade. Tamén forma para participar na planificación de políticas, na prevención de problemas e no deseño de iniciativas e servizos para a resolución de situacións complexas.

Polo tanto, está destinado a persoas interesadas en eliminar barreiras, desigualdades e inxustizas sociais. Persoas con sensibilidade e compromiso social para a incorporación e a inclusión social de todas aquelas outras discriminadas, vulneradas ou en situacións de dificultade.

Consulta a ficha do título

 

 

Coordinación

Carmen Verde Diego
+34 988 387 308
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.