Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Grao en Educación Infantil forma profesionais capaces de acompañar á infancia: comprender, deseñar e desenvolver procesos educativos que contribúan ao seu desenvolvemento integral. Ademais, a formación ofrecerá ao estudantado desenvolver procesos desde unha perspectiva ética, crítica, reflexiva e comprometida, o que promoverá a construción dunha sociedade máis democrática e inclusiva.

Con este fin, a práctica docente aséntase en metodoloxías cooperativas que inclúen compromiso e relación coa comunidade, ofrecendo a participación en contextos profesionais reais desde o inicio da formación.

Consulta a ficha do título

 

 

Coordinación

Almudena Alonso Ferreiro
+34 988 387 176
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.