A Facultade de Educación e Traballo Social participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional).
O estudantado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como o Erasmus, ISEP, así como beneficiarse das bolsas propias desta universidade, quen tamén pon a disposición do seu estudantado un tándem de conversa coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.
A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.
Criterios de selección de alumnado para programas de mobilidade
Información sobre as prácticas Erasmus+ na Universidade de Vigo
Listaxe de comprobación Erasmus+
Oferta de prazas
- Oferta de prazas SICUE 2026/2027
- Oferta de prazas ERASMUS+ 2026/2027
Listaxes de estudantado seleccionado
- Listaxe provisoria ERASMUS+ 2026/2027
- Listaxe definitiva ERASMUS+ 2026/2027
- Listaxe provisoria de seleccionados/as SICUE 2026/2027
- Listaxe definitiva seleccionados/as SICUE 2026/2027
Coordinación da mobilidade
María Ainoa Zabalza Cerdeiriña
+34 988 387 263