Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Practicum é unha actividade de natureza formativa realizada polo estudantado e supervisada polas universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica.

Obxectivos

Coa realización das prácticas académicas externas preténdense alcanzar os seguintes fins:

  • Contribuír para a formación integral do estudantado complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
  • Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o futuro profesorado haberá de operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
  • Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
  • Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
  • Favorecer a innovación e creatividade e o emprendemento.

Requirimentos

Para poder matricularse no Practicum será requisito imprescindible ter superado o 70% dos créditos de formación básica e obrigatoria correspondente aos tres primeiros cursos.

Organización

Os centros responsables disporán dos Convenios de Colaboración Educativa necesarios para a realización do Practicum. O centro garantirá que todo o estudantado matriculado no Practicum dispoña de centro para a realización do mesmo. Na medida do posible, o estudantado en prácticas poderá escoller o centro onde realizar o Practicum entre os centros que dispoñan de acordo de colaboración puntual ou convenio de prácticas.

 

 

Practicum 2025/2026

Documentación xeral

 

Practicum 2026/2027

Documentación xeral

 

Asignación do prácticum

Consulta as listaxes na plataforma Moovi.

Documentación e formularios

Información dispoñible no portal da UVigo.