Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Información previa á matriculación sobre acceso e admisión

O Real Decreto 412/2014, de 6 de xuño, regula as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. Poderán acceder ás ensinanzas universitarias os seguintes grupos:

  1. Estudantado en posesión do título de Bacharelato do Sistema Educativo Español ou doutro declarado equivalente.
  2. Estudantado en posesión do título de Bacharelato Europeo ou do diploma de Bacharelato internacional.
  3. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos de Bacharelato procedentes de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou doutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade.
  4. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos homologados ao título de Bacharelato do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados en sistemas educativos de Estados que non sexan membros da Unión Europea cos que non se subscribiron acordos internacionais para o recoñecemento do título de Bacharel en réxime de reciprocidade.
  5. Estudantado en posesión dos títulos oficiais de Técnico Superior de Formación Profesional, de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou de Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español, ou de títulos, diplomas ou estudos declarados equivalentes ou homologados aos devanditos títulos.
  6. Estudantado en posesión de títulos, diplomas ou estudos, diferentes dos equivalentes aos títulos de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de Técnico Deportivo Superior do Sistema Educativo Español, obtidos ou realizados nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se subscribiron acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, cando devandito estudantado cumpra os requisitos académicos esixidos en devandito Estado membro para acceder ás súas universidades.
  7. Persoas maiores de vinte e cinco anos que superen a proba de acceso.
  8. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cun ensino.
  9. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen a proba de acceso.
  10. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Grao, Máster ou título equivalente.
  11. Estudantado en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación das ensinanzas universitarias ou título equivalente.
  12. Estudantado que cursase estudos universitarios parciais estranxeiros ou españois, ou que finalizando os estudos universitarios estranxeiros non obtivese a súa homologación en España e desexe continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade correspondente lles recoñeza polo menos 30 créditos ECTS.
  13. Estudantado que estivese en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro.

Considéranse de grande axuda para a aprendizaxe e o posterior exercicio profesional as seguintes características e capacidades persoais:

  • unha marcada sensibilidade social.
  • Interese polo traballo con grupos humanos.
  • Interese polas problemáticas que presentan os distintos grupos sociais.
  • Capacidade para resolver problemas e para tomar decisións.
  • Capacidade de empatía.
  • Intereses na área humanista-social.
  • Sentido crítico e capacidade de análise.
  • Respecto polas persoas.
  • Creatividade e iniciativa para expor, conxuntamente coas persoas, alternativas de solución.
  • Habilidades sociais básicas para o estudo e o traballo en equipo.
  • Capacidade básica para a comprensión e a expresión orais e escritas.
  • Experiencia en actividades de voluntariado social.
  • Experiencia en actividades laborais no ámbito social.

Acceso por preinscrición polo procedemento convocado pola CIUG

Número de prazas ofertadas: 75

Cupo Prazas
Xeral (Bacharelato –ABAU-, FP e estranxeiros) 64
Titulados (outras titulacións e Ensinanzas Artísticas Superiores) 1
Deportistas 2
Discapacitados 4
Proba de acceso +25 anos 2
Proba de acceso +45 anos 2

 

As prazas obxecto de reserva que queden sen cubrir en cada cupo, acumularanse ás ofertadas polo xeral.

Acceso por recoñecemento de 30 créditos (desde o mesmo grao e distinta universidade ou outro grao da mesma rama de coñecemento)

Número de prazas ofertadas: 8 (2 para estranxeiros que se acumularía)

Tramitación na sede

Consulta toda a información na páxina web da CIUG.

Segundo o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, se entende por recoñecemento de créditos a aceptación por unha universidade dos créditos que, habendo sido obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou outra universidade, son computados noutras distintas a efectos da obtención dun título oficial. Asi mesmo, poderán ser obxecto de recoñecemento os créditos cursados noutras ensinanzas superiores oficiais ou en ensinanzas universitarias conducentes á obtención doutros títulos, aos que se refire o artigo 34.1 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.

A transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas de grao deberán respetar as seguintes regras básicas:

  • Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total dos créditos do título, correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Sempre que a titulación de destino á que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica de dita rama.
  • Tamén serán obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  • O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e os previstos no plan de estudos ou ben que teñan carácter transversal.

Por outra parte, o estudantado poderá obter o recoñecemento de ata 6 ECTS pola súa participación en actividades culturais universitarias, deportivas, de representación estudantil, solidarias ou de cooperación. Esta cantidade sustraerase do total de créditos de materias optativas a cursar. A normativa e formularios para este tipo de recoñecementos está dispoñible na páxina web da Universidade de Vigo.

 

Recoñecementos automáticos

Ao estudantado que cursara o Ciclo Formativo de Grao Superior en Traballo Social recoñeceránselle as seguintes materias:

Outros recoñecementos

Ao estudantado procedente do Grao en Educación Social da Universidade de Vigo poderánselle recoñecer as seguintes materias:

Recoñecementos do Grao en Educación Social ao Grao en Traballo Social

 

Cursos ponte de adaptación ás titulacións de grao

Curso de adaptación ao grao

Cambio de centro

O estudantado que curse o mesmo grao notra universidade poderá solicitar cambio de centro ao campus de Ourense. Os prazos e procedementos publícanse coa convocatoria de matrícula. Establecerase unha orde de prelación segundo a media do expediente académico, sendo mérito preferente ter 1º curso aprobado.

Tramitación na sede

 

Información de apoio ao estudante

Toda a información no apartado Orientación ao estudantado

Matrícula

Toda a información no apartado Matrícula

Tramitacións na sede