Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O proceso de realización do TFG implica a posta en marcha dunha serie de competencias procedementais clave tales como: buscar e xestionar información, analizar datos empíricos, redactar textos académicos, usar recursos TICs e saber comunicar e debater os resultados.

Este programa de actividades pretende apoiarte neste proceso mediante SETE ACCIÓNS FORMATIVAS de carácter práctico enfocadas a cada unha destas competencias.

O programa é flexible e poderás matricularte naquelas accións/cursos que consideres máis necesarios ou interesantes.

Matrícula do 16 ao 20 de febreiro de 2026

Secretaría Virtual – Formularios e enquisas – Privadas

 

Accións formativas

Como afrontar o teu TFG

A Biblioteca pon á vosa disposición este curso, no que vos ofrecemos unha serie de pautas para axudarvos na elaboración e defensa do voso Traballo Fin de Grao.

Podedes facelo ao voso ritmo e levaravos unhas 30 horas de traballo, aproximadamente. Ademais, quen acade a cualificación de apto obterá un certificado computable por 30 horas de traballo (1 crédito ECTS). Os contidos están organizados en 5 temas con diverso material didáctico e cuestionarios ou tarefas para comprobar o grao de aprendizaxe. Tamén dispón dun foro no que podedes formular as dúbidas que vos xurdan.

Máis información

Sesións de orientación

Dadas as inquedanzas e dúbidas que comunmente xera esta materia no alumnado, trátase de ofrecer unhas orientacións xerais que faciliten a elección da modalidade, o deseño e o desenvolvemento do TFG e que contribúan a superar con éxito esta materia. Para conseguilo proporcionarase: a) información sobre as modalidades de traballo para axudar na elección destas, en función da temática abordada e de acordo coas súas habilidades e competencias, e b) pautas sobre os trámites administrativos e procedementos formais para a presentación e defensa.

Máis información

Curso sobre análise de datos na investigación cuantitativa/cualitativa

O obxectivo xeral deste curso é facilitar ao alumnado o desenvolvemento da análise dos datos para a elaboración do Traballo Fin de Grado e do Traballo Fin de Mestrado.

Máis información

A elaboración escrita dun TFG: cuestións básicas

Desenvolvemento de competencias lingüísticas escritas para a redacción do TFG como texto académico.

Máis información

Estratexias e competencias para a creación de apoio visual

As axudas visuais son un dos múltiples factores a ter en conta na defensa do TFG. Crear un bo apoio visual para a presentación do TFG é fundamental, xa que favorece a atención da audiencia, así como a comprensión da mensaxe.

Apoiar a nosa defensa do TFG con axudas visuais permite amosar datos relevantes, transmitir ideas e información clave, así como evidenciar a capacidade de análise e síntese e aproveitar a potencialidade de expresarse en múltiples linguaxes.

Máis información

Habilidades comunicativas da linguaxe oral e non verbal

Axudar a mellorar as capacidades comunicativas. Coñecer as claves e as técnicas para falar de modo eficaz en público. Descubrir ferramentas para unha boa e exitosa comunicación.

Máis información

Uso de ferramentas de IA nos traballos académicos

Nun contexto académico onde as tecnoloxías da información teñen cada vez maior presenza, a intelixencia artificial está a converterse nunha ferramenta de referencia en moitos campos da docencia e a investigación. Esta actividade ten como obxectivo contribuír a que os e as futuros profesionais da educación se familiaricen coas diversas aplicacións da IA no ámbito académico, en concreto na elaboración do traballo de fin de grao.

As ferramentas de IA permiten optimizar os procesos de procura de información, de análise e de redacción, de maneira que o alumnado poida centrarse naquelas tarefas máis creativas que realmente achegan valor ao seu traballo. Con esta actividade, os e as asistentes adquirirán as competencias necesarias para utilizar de maneira eficaz e ética estas tecnoloxías, garantindo así a calidade e orixinalidade dos seus traballos.

Máis información

 

Preguntas frecuentes

– Como podo inscribirme?
A inscrición aos cursos debes facela a través da Secretaria Virtual no apartado de Formularios e Enquisas Privadas.

– Onde preguntar as miñas dúbidas?
Envíanos un correo á seguinte dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

– Existe un número limitado de prazas?
Haberá un límite no número de prazas que será de 100 persoas por curso.

– Existe algunha condición para apuntarme os cursos?
Só poderá inscribirse no curso o alumnado que se atope matriculado na materia TFG.

– Cal é a modalidade do curso?
Presencial (podendo cambiar a virtual segundo as circunstancias sanitarias pola pandemia).

– Proporciona certificado?
Entregarase un certificado de asistencia de 20 horas asinado pola vicerreitora do campus que acredite “Competencias procedementais para a formación do futuro docente, educador/a social ou traballador/a social”. Será necesario cursar un mínimo de 20 h da oferta optativa (algunhas actividades teñen carácter obrigatorio).

 

Dirección académica do programa

  • María del Pino Díaz Pereira
  • Rubén González Rodríguez
  • Antonio González Fernández
  • Stuart John Mcnicholls