As xornadas de acollida 2026/2027 celebraranse o día 7 de setembro de 2026 coa participación das coordinacións de PAT e grao.
Nestas xornadas, o estudantado recibe información sobre o centro, os horarios, a estrutura dos estudos, os servizos do centro e outros servizos da universidade, así como sobre a estrutura organizativa da universidade e as funcións de cada órgano de representación.