A Facultade de Educación e Traballo Social (FETS) ten programada a visita dos membros do tribunal avaliador do proceso de Renovación da Acreditación Institucional de Centros (2024-2025) para o día 16 de decembro de 2025 no Salón de Graos do Edificio de Facultades. A axenda ten prevista un espazo para AUDIENCIA PÚBLICA, con franxa horaria entre as 15.45 e 16.00 horas, na que calquera persoa interesada pode aportar a súa visión ao respecto do centro con relación exclusivamente á renovación da acreditación da FETS.